domingo, 12 de xaneiro de 2014

Páxinas web de interese

Wikisource: Nesta páxina podes ler libros online sen copyright que tamén podes decargar en pdf. É unha boa ferramenta para as persoas que teñen ebooks ou tablets onde ler, xa que te permite descargar os libros. O que menos me gusta da páxina é que non ten tantos libros como outras, pero esta é moi boa, xa que podes facer todo sen necesidade de pagar.

Cinestrenos: Neste sitio web podes consultar información das películas que actualmente están na carteleira, así como opinións de persoas coma ti. Podes buscar os filmes que máis te interesen no buscador da páxina. Tamén hai artigos sobre actores cada semana.

YouTube: Esta páxina web é unha das máis coñecidas na rede entre nenos e adultos. Trátase dun sitio web onde mirar todo tipo de vídeos (cancións, anuncios, películas, libros dramatatizados, tutoriais...). Os usuarios poden subir os seus propios vídeos sen ánimo de lucro, pero tamén hai xente que gana diñeiro a medida que as visitas a ese vídeo van subindo, como pasa cos videoclips dos famosos.

Testeando: É unha páxina web na que, a base de preguntas similares ás do trivial, repasas o que aprendiches na clase ou para un exame. Podes elexir curso, dende 1 de primaria ata 2 de bacharelato. Tamén podese elexir a materia que queres practicar. Gustoume cando a vin porque me pareceu unha maneira divertida de aprender ou repasar.

Pixlr: Editor de fotos online. Esta páxina é moi similar ao Photoshop, que se instala no ordenador, e polo que, legalmente, hai que pagar. Está moi ben porque, a parte de que é online, é moi parecido ao programa do que falei anteriormente. É moi útil para as persoas que precisen o editor un momento para facer calqueira cousa determinada, pero non queiran instalar o programa, xa que é de pago e ocupa bastante espazo.

Google Maps: Nesta ferramenta de google podes atopar todos os lugares que precises para viaxar, curiosear, informarte, etc. É moi preciso e ata podes chegar a ver os edificios que hai en cada rúa. Tamén podes ver como chegar ata o lugar ao que queres ir, mediante as indicacións de carreteiras que tamén da.

MARCA: Para os que lles gusten os deportes en xeral e queran saber noticias sobre estos, poden visitar esta páxina. Gústame porque podes mirar cando e en qué canal se xogan partidos de fútbol, de baloncesto, de tenis, campeonatos de natación... etc. Ten moitas noticias actualizadas ao minuto e cando se está retransmitindo calquera partido, poñen o resultado na páxina segundos despois. O que non me gusta é que falen tanto do fútbol, como en outras moitas páxinas deste tipo.

El rincón de moda: Nesta web hai artículos sobre roupa, peinados, como maquillarse, debuxos para pintar as unllas... etc. Esta especialmente dirixida a mulleres. Gústame porque dan consellos se non sabes como vestirte ou complementar a túa roupa para unha ocasión especial.

Zalando: Tenda de moda online na que podes comprar dende camisetas do máis informal ata vestidos de festa ou para unha boda ou bautizo. Gústame porque ten roupa e complementos para todo tipo de persoas (nenos, homes, mulleres...). Tamén hai zapatos de todo tipo (tacón, planos, sandalias...). Co buscador que teñen podes buscar a peza de roupa cos requisitos que quieras.

Películas Yonkis: É unha páxina para ver películas ou series online. Tamén se poden descargar. Suxire películas segundo a calificación dos usuarios, as críticas, as máis vistas, ás da carteleira, etc. Para min faia unha cousa, cando queres ver unha película, hay moitos enlaces a servidores, e só dous ou tres que non son de pago ou que funcionan. Ata que atopas o que funciona tardas bastante, pero a páxina está ben.


Ata outra amigos!!!