xoves, 27 de marzo de 2014

As follas de cálculo

Unha folla de cálculo é un tipo de documento, que permite manipular datos numéricos e alfanuméricos dispostos en forma de tablas compostas por celdas (filas e columnas).
A celda é a unidade básica de información na folla de cálculo, onde se insertan os valores e as fórmulas que realizan os cálculos. Habitualmente é posible realizar cálculos matemáticos complexos ou debuxar distintos tipos de gráficas.
Hai varios programas que elaboran este tipo de documentos. A continuación están o nome da folla de cálculo (coa súa respectiva extensión, que varía segundo de que programa sexa) e o programa ao que pertence.

As opcións máis coñecidas que hai para facer follas de cálculo online son: Google Drive (apps), citado anteriormente, e OneDrive. Para iso precisas rexistrarte nestas páxinas cun nome de usuario e un contrasinal.


Archivo:OpenOffice.org Calc Vista es.png

Para información máis detallada sobre este tipo de arquivos, podedes entrar no artigo: Hoja de cálculo da Wikipedia.
Saúdos.

luns, 17 de marzo de 2014

Facebook, the social network

A película The social Network (A rede Social) está basada en feitos reais sobre a historia de Facebook: o nacemento da mesma, quen a creou, como creceu ata os nosos días...

Mark Zuckenberg, interpretado por Jesse Eisenberg, é un dos personaxes principais da historia. Este tivo a idea de crear unha páxina web onde calificar e comparar as mozas da universidade, xa que a súa noiva terminara con el. Axudado por Eduardo Saverin (Andrew Garfield), o que sería despois o director financieiro de Facebook, crearon FaceMash.

Con esta páxina web creada, chamaron a atención dos xemelgos Cameron e Tyler Winklevoss. Estes pedíronlles axuda, xunto con Divya Narendra, o seu compañeiro de negocios, para levar a cabo «Harvard Connection». Mark decide axudalos.
Pouco máis tarde, este tiña unha idea para facer «Thefacebook», unha páxina web de conexións sociais entre estudantes da Universidade. Eduardo, o seu mellor amigo, decidiu axudalo invertindo mil dólares para comezar o proxecto. Finalmente crearon Facebook, e os xemelgos leváronnos aos tribunais, xa que dicían que a idea era súa e non dos creadores.

O sitio web exapandiuse a outras Universidades dos Estados Unidos. A través de Christy Lee (a moza de Eduardo), este e Mark reuníronse con Sean Parker, fundador de Napster. Eduardo desconfiaba del mentres que Mark quedou fascinado con Parker dende que o viu.

Mentres Eduardo permanecía en New York, Mark e Dustin moveron as oficinas a Palo Alto. Cando este os visitou enfadouse xa que Sean Parker estaba vivindo na casa e dirixindo o negocio. Logo dunha discusión, Eduardo conxelou a conta bancaria que tiña aberta para a compañía e regresou a NY.
Días máis tarde, despois de que Mark lle revelase a Eduardo que tiñan un novo inversor, este informoulle a Eduardo de que as suas accións reducíranse do 30% ao 0.03%, e decidiu demandalos.


Os tres persoaxes principais foron membros de Facebook na realidade, así que é bastante adaptada á historia real e conta bastante ben os inicios de Facebook e sobre a rede social.
Eu penso que esta película está bastante ben se queres informarte sobre a historia da páxina, como se creou, os problemas que tiveron, a verdadeira historia, etc.





(Aaron Sorkin e Jesse Eisenberg)                                                      (Justin Timberlake e Andrew Garfield)


Podes atopar máis información na wikipedia.