mércores, 11 de decembro de 2013

Apple e Microsoft. Os seus inicios.

Seteve Jobs e Steve Wozniak (Woz) coñecéronse en 1971. A Woz sempre lle apaixonou a electrónica en xeral, e deseñaba dende pequeno circuitos en papel. Dada esta afición, Woz "apadrinaba" a outros nenos aos que lles gustaba este tema, como Steve Jobs. Wozniak comezou a dedicar máis tempo en construir en papel a súa computadora. Finalmente, os seus esforzos deron lugar a Apple I. Rápidamente, Jobs veu a oportunidade de negocio, polo que empezou a promover a computadora entre outros aficionados da informática. Comezaron a recibir encargos construídos por eles mesmos e chegaron a vender 200 exemplares da máquina Apple I. A isto uníronselle amigos que comezaron a buscar financiación. Ao final, Jobs coñeceu a Mike Markkula, que investiu moito diñeiro na empresa, e creouse así o 1 de abril de 1976 Apple Computer.
Microsoft Corporation fundouse o 4 de abril de 1975 por Bill Gates e Paul Allen. Microsoft comeza sendo unha compañia pequena pero con unha visión enorme: un equipo informático en cada escritorio e en cada fogar. Durante os seguintes anos, Microsfot comeza a cambiar a forma de traballar. En xuño de 1980 contratan a Steve Ballmer, excompañeiro de Gates, para que lles axude a dirixir a empresa. Ao mes seguinte, IBM ponse en contacto con Microsoft en relación con un código de proxecto denominado "Chess". En resposta, Microsoft concrentrase nun novo sistema operativo, ao que chamaron "MS-DOS". O novo sistema operativo é eficaz, pero tamén difícil de manexar, polo que intentaron averiguar outro sistema operativo que se comprendera mellor. Así crearon Interface Manager, o nome en clave e a piques de converterse no definitivo, pero Windows prevalece debido a que o identifica mellor.

luns, 25 de novembro de 2013

Día Mundial contra a violencia de xénero.

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase o 25 de novembro de cada ano para recordar ás tres irmáns Mirabal que foron asesinadas este mesmo día en 1960. As mozas eran de República Dominicana, e o dictador deste país, Rafael Leónidas Trujillo, foi o que deu a orde de asasinalas.
No primeiro encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, en 1981, decidiuse que o 25 de novembro fora o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, recordando o suceso.
Doce anos máis tarde, en 1993, a Asamblea Xeral das Naciones Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminacion da Violencia contra a Muller. O 17 de decembro de 1999, nesta mesma Asamblea designouse este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
En outubro de 2006 presentouse un estudo sobre todas as formas de violencia contra a muller, que demostra que existen obligacións concretas dos Estados para previr esta violencia, para tratar as súas causas e para investigar, enxuizar e castigar aos agresores.
O Secretario Xenaral da ONU, Ban Ki-moon, indica que "acojo con beneplácito el coro de voces que piden que se ponga fin a la violencia que afecta a alrededor de una de cada tres mujeres a lo largo de su vida. Aplaudo a los dirigentes que están ayudando a promulgar leyes y a hacerlas cumplir, y a cambiar mentalidades. Rindo homenaje, además, a todos los héroes en el mundo que ayudan a las víctimas a sanar y a convertirse en agentes de cambio".
Tradicionalmente este día sinala o inicio de 16 días de activismo. Dende o 15 deste mes ata o 10 do próximo, día dos Dereitos Humanos, os estados realizan un esforzo especial para organizarse e combatir a violencia contra as mulleres. Este ano as institucións promoven unha maior conciencia sobre este problema usando unha vestimenta de cor laranxa para simbolizar o seu compromiso con esta causa. 
Este Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller representa unha oportunidad para que todas as persoas renoven o seu compromismo para previr e erradicar esta forma de violencia. 



A información está baseada nesta noticia de 'La opinión de Tenerife'.
Saúdos, e ata próximas entradas.



mércores, 20 de novembro de 2013

Manifestación Ferrol 20-N

Obreiros e estudantes, unidos e adiante!

Hoxe, 20 de novembro (día en que o PP quere aprobar a LOMCE no Senado), houbo manifestacións enstudiantís en toda España contra dita lei. A folga convocouna o Sindicato de Estudantes. Xa falei deste tipo de manifestacións nunha entrada o pasado 21 de outubro, xa que o 22, 23 e 24 dese mes houbo tamén folgas en todo o país.
Na cidade de Ferrol os traballadores de Navantia quixeron unirse á folga connosco en defensa do ensino público e o Sindicato fixo un chamamento a todos os obreiros, traballadores, parados, etc. 
A concentración en Ferrol foi todo un éxito, xa que non só eramos estudantes, e xuntámonos moitísima xente. Cos eslogans tales como 'obreiros e estudantes, unidos e adiante' ou 'a culpa de quen é? do goberno do PP' botouse a xente ás rúas de Ferrol para defender os seus dereitos e intentar alomenos que o PP se entere de que non estamos satisfeitos coa forma de gobernar deste partido.




Saúdos, ata outra!

mércores, 6 de novembro de 2013

Grooming e sexting.

O grooming fai referencia a unha serie de condutas e accións deliberadamente emprendidas por un adulto co obxetivo de gañarse a amizade dun menor de idade, creando unha conexión emocional co mesmo, co fin de disminuír as inhibicións do neno e poder abusar sexualmente del. Nalgúns casos, pódese buscar a introdución do menor ao mundo da prostitución infantil ou a produción de material pornográfico.
O sexting consiste en compartir imaxes, vídeos ou sons de contido sexual. Xeralmente é entre adultos (aínda que pode darse en adolescentes) que teñen algún tipo de vínculo afetivo ou que manteñen relacións virtuais. Pero hai que ter moito coidado de con quen se fai e asegurarse de que é quen di ser, porque hai auténticos expertos que suplantan identidades para obter archivos deste tipo que poden difundir cando a relación finaliza.
Ambos os términos refírense a contido sexual (imaxes, vídeos ou sons) compartidos con outra persoa, pero non son iguais. O grooming é acoso dun adulto a un menor para conseguir esas imaxes , mentres que o sexting é xeralmente entre adultos ou persoas que teñen unha relación virtual, e é consentido. O ciberbullying, como falei na anterior entrada, e tamén acoso, pero non ten nada que ver con estos dous términos, xa que non se refíre a contido sexual nin pornográfico.


luns, 28 de outubro de 2013

Ciberbullying

O ciberbullying é o uso dos medios tecnolóxicos (Internet, teléfonos móviles, videoxogos online...) para crear un acoso psicolóxico entre iguais. Non se trata de acoso sexual nin nos casos en que persoas adultas interveñen (ciberacoso). Ten que haber menores nos dous extremos do ataque para que se considere ciberbullying. 
Estamos ante un caso de ciberbullying cando un ou unha menor atormenta, ameaza, humilla ou molesta a outro/a mediante tecnoloxías telemáticas.

As formas que adopta son moi variadadas:
  • Colgar en Internet imaxes comprometidas, datos, cousas que poden perxudicar ou avergoñar á vítima e dalo a coñecer no seu entorno.
  • Dar de alta á vítima nunha web onde se trata de votar a persona máis fea, á menos intelixente... 
  • Crear un perfil ou espazo falso co nome da persoa afectada, onde se escriban a modo de confesións en primeira persoa determinados acontecementos persoais, feitos explícitos de contactos sexuais...
  • Dar de alta a dirección de correo electrónico en determinados sitios para recibir spam ou correos de descoñecidos.
  • Usurpar a súa clave de correo electrónico para cambiala ou ler a bandexa de entrada.
  • Provocar á vítima en webs na que hai unha persoa responsable de vixiar e moderar o que alí pasa, conseguindo así unha reacción violenta da vítima que lle supoña a expulsión desa páxina.
  • Facer circular rumores que podan ser perxudiciais para esa persoa.
  • Enviar mensaxes ameazantes, perseguir ou acechar á vítima en lugares de Internet nos que se relaciona de maneira habitual provocándolle agobio.
Os consellos que se dan na páxina de ciberbullying para evitalo son os seguintes:
  1. Non contestes ás provocacións, ignoraás.
  2. Compórtate con educación na Rede (Netiqueta)
  3. Se che molesta, abandona a conexión e pide axuda.
  4. Non facilites datos persoais.
  5. Non fagas na Rede o que non farías cara a cara.
  6. Se te acosan, garda as probas.
  7. Cando che molesten ao usar un servicio online, pide axuda ao seu xestor/a.
  8. Non penses que estás de todo seguro ao outro lado da pantalla.
  9. Advirte a quen abusa de que está cometendo un delito.
  10. Se hai ameazas graves pide axuda con urxencia.
Agora déixovos con un vídeo que vos explicará mellor o que é o ciberbullying. Ata outra!



luns, 21 de outubro de 2013

Folga xeral estudiantil.

O sindicato de estudiantes convocou unha semana de loita, na que a folga será os días 22, 23 e 24 de Outubro. O martes 22 e o mércores 23 a folga é só de estudantes, pero o xoves 24 están tamén convocados pais, nais e profesorado. O luns 21 e o venres 25 hai asambleas nos institutos para organizar as folgas, formar comités, etc.
As manifestacións serán o mércores e o xoves. Podes consultar o listado das mesmas aquí, na parte dereita da páxina.
O sindicato de estudiantes secunda esta folga para manifestarse contra o goberno do PP e sobre todo para que saiban que están en contra da aprobación da LOMCE, na que se busca reimplantar a relixón nas aulas, reducir aínda máis o ensino galego, crear intinerarios na ESO e crear reválidas na ESO e bacharelato. Tamén hai que engadir o aumento de prezos nas matrículas universitarias, impedindo así que moita xente que non pode permitirse o luxo de pagar esas carreiras teña estudos superiores. Ademáis "o PP pretende que o ensino se converta nun couto privado para as familias atesouradas, e para os demais (...) En definitiva, o PP quere acabar co noso dereito a estudar, quere derruír o ensino público e non podemos consentilo", como di na páxina web do sindicato.
O que o sindicato pretende tras a folga de 72 horas, é que Rajoy e o ministro de educación Wert non aproben a lei nos próximos meses, como teñen previsto facer.

xoves, 17 de outubro de 2013

Violadores del verso

O meu grupo de rap favorito chámase Violadores del Verso, tamén coñecido como Doble V. Na actualidade está composto por catro rapeiros: Kase O, Lírico, Con R de Rumba e Hate(ou Sho Hai), todos nacidos en Zaragoza, España.
A primeira referencia dos catro xuntos e autodenominándose Violadores del Verso é "Es tan solo un aviso".
En 1998 aparece o seu primeiro traballo profesional, no que tamén estaba Brutal (irmán de Kase O) participando como DJ. Este traballo chámase "Violadores del Verso".
En 1999 publicouse o seu primeiro LP (disco de larga duración) como grupo, "Genios", no que Brutal xa abandonara o grupo. Este disco revolucionou o panorama nacional e puxoós como grupo de referencia do rap español.
En 2001 publicaron dous traballos co nome de Doble V. O primerio foi "Atrás", un maxi sinxelo con tres temas inéditos. O segundo foi o LP "Vicios y Virtudes" co que se consideraron un dos máis importantes grupos de rap español. 

mércores, 9 de outubro de 2013

A netiqueta.

Netiquette é unha palabra derivada do francés etiquette e do inglés net ou network. Utilízase para referirse ao conxunto de normas de comportamento dos espazos virtuais, e é unha adaptación das normas do mundo real. Creanse de maneira colaborativa e de forma natural entre persoas que desexan establecer unhas pautas e unhas normas de comportamento no seu sitio web. As normas da netiqueta débense empregar tanto no correo, como no blog, como en calquera sitio web.

As normas xerais que se deben de seguir son as seguintes:

1. Pide permiso antes de etiquetar fotografías subidas por outras persoas.
2. Utiliza as etiquetas de maneira positiva, nunca para insultar, humillar ou danar a outras persoas.
3. Mide ben as críticas que publicas. Expresar a túa opinión ou unha burla sobre outras persoas pode chegar a vulnerar os seus dereitos e ir en contra da Ley.
4. Non hai problema en ingnorar solicitudes de amistade, invitacións a eventos, grupos, etc.
5. Evita a denuncia inxusta de spam para non perxudicar a quenes fixeron comentarios correctos.
6. Usa as opcións de denuncia cando esté xustificada a ocasión.
7. Pregúntate qué información de outras persoas expós e asegúrate de que non lles importa.
8. Para etiquetar a outras persoas debes facelo sen engano e asegurarte de que non lles molesta que o fagas.
9. Non podes publicar fotos ou vídeos nas que saian outras persoas sen ter o seu permiso, como regra xeral.
10. Antes de publicar unha información que te remitiron de maneira privada, pregunta si o podes facer.
11. Facilita aos demáis o respeto da túa privacidade e intimidade. Comunica aos teus contactos como queres manexalos.
12. Recorda que escribir todo en maiúsculas pode interpretarse coma un grito.
13. Usa os recursos ao teu alcance para expresarte mellor e evitar malentendidos.
14. Ante algo que che molesta, trata de reaccionar de maneira calmada e non violenta. Nunca actúes de maneira inmediata nin agresiva.
15. Diríxete aos demáis con respeto, sobre todo á vista de terceiros.
16. Le e respeta as normas de uso das Redes Sociais.






As normas están sacadas de aquí e a información de aquí e de aquí.
Para máis información podes visitar estas páxinas web:
UNED
eduteka
e as citadas anteriormente.
A imaxe é desta páxina.






xoves, 3 de outubro de 2013

Benvidos e benvidas ao meu blog.

Este blog tratará principalmente de traballos que fagamos na clase informática, pero tamén haberá de cando en vez entradas libres. Cousas que me gustan, noticias, infomación, fotografías...Espero que o pasedes ben lendoó, e non olvidedes comentar e dar a vosa opinión sobre os artigos que vaia publicando.


Deixovos esta foto sacada por min no meu xardín.


Vémonos nas próximas entradas. Deica logo!