xoves, 17 de outubro de 2013

Violadores del verso

O meu grupo de rap favorito chámase Violadores del Verso, tamén coñecido como Doble V. Na actualidade está composto por catro rapeiros: Kase O, Lírico, Con R de Rumba e Hate(ou Sho Hai), todos nacidos en Zaragoza, España.
A primeira referencia dos catro xuntos e autodenominándose Violadores del Verso é "Es tan solo un aviso".
En 1998 aparece o seu primeiro traballo profesional, no que tamén estaba Brutal (irmán de Kase O) participando como DJ. Este traballo chámase "Violadores del Verso".
En 1999 publicouse o seu primeiro LP (disco de larga duración) como grupo, "Genios", no que Brutal xa abandonara o grupo. Este disco revolucionou o panorama nacional e puxoós como grupo de referencia do rap español.
En 2001 publicaron dous traballos co nome de Doble V. O primerio foi "Atrás", un maxi sinxelo con tres temas inéditos. O segundo foi o LP "Vicios y Virtudes" co que se consideraron un dos máis importantes grupos de rap español. 

Debido a problemas cunha marca de wishky volveron a utilizar o seu nome orixinal, Violadores del Verso, e a mediados do 2002 publicaron un EP (extended play) titulado "Tú eres alguien/Bombo Clap" que, entre outras cancións, incluía as cancións dun concerto e o DVD do mesmo. Así, o grupo convertíase no primeiro grupo de rap español en editar un vídeo do seu concerto. 
En Maio de 2006 presentaron "Vivir para contarlo/Haciendo lo nuestro", un maxisingle adelanto do seu LP "Vivir para contarlo". Este maxi contén dous temas novos e un remix dun deles, ademáis das instrumentais. Con este LP conseguiron o Disco de Ouro en 6 días, chegar ao número 1 en listas de ventas en España e ser nominados pola XI Edición dos Premios da Música na categoría de mellor albume de hip-hop. Conseguiron este premio competindo contra La Excepción y Hazhe, pero ninguén foi a recoller este premio, nin eles nin ninguén no seu nome. 
No ano 2008 a editorial "Zona de Obras" publicou un libro sobre o grupo: "Los hijos secretos del funk. Conversaciones con Violadores del Verso". Este mismo ano colaboraron no último disco "Mala Sangre" de Soziedad Alkoholika. 
O 10 de Xunio de 2011 o grupo anuncia que xa non van facer máis traballos xuntos, para concentrarse en traballos en solitario.
Moitos seguidores temían unha separación final do grupo, entón Kase-O declarou que en breves pondranse con "el mejor disco de Violadores del Verso" e que "el grupo es de por vida".
Déixovos unha das miñas cancións preferidas do grupo:



Saúdos, vémonos en próximas entradas.

Información sacada da Wikipedia.

Ningún comentario: