luns, 28 de outubro de 2013

Ciberbullying

O ciberbullying é o uso dos medios tecnolóxicos (Internet, teléfonos móviles, videoxogos online...) para crear un acoso psicolóxico entre iguais. Non se trata de acoso sexual nin nos casos en que persoas adultas interveñen (ciberacoso). Ten que haber menores nos dous extremos do ataque para que se considere ciberbullying. 
Estamos ante un caso de ciberbullying cando un ou unha menor atormenta, ameaza, humilla ou molesta a outro/a mediante tecnoloxías telemáticas.

As formas que adopta son moi variadadas:
  • Colgar en Internet imaxes comprometidas, datos, cousas que poden perxudicar ou avergoñar á vítima e dalo a coñecer no seu entorno.
  • Dar de alta á vítima nunha web onde se trata de votar a persona máis fea, á menos intelixente... 
  • Crear un perfil ou espazo falso co nome da persoa afectada, onde se escriban a modo de confesións en primeira persoa determinados acontecementos persoais, feitos explícitos de contactos sexuais...
  • Dar de alta a dirección de correo electrónico en determinados sitios para recibir spam ou correos de descoñecidos.
  • Usurpar a súa clave de correo electrónico para cambiala ou ler a bandexa de entrada.
  • Provocar á vítima en webs na que hai unha persoa responsable de vixiar e moderar o que alí pasa, conseguindo así unha reacción violenta da vítima que lle supoña a expulsión desa páxina.
  • Facer circular rumores que podan ser perxudiciais para esa persoa.
  • Enviar mensaxes ameazantes, perseguir ou acechar á vítima en lugares de Internet nos que se relaciona de maneira habitual provocándolle agobio.
Os consellos que se dan na páxina de ciberbullying para evitalo son os seguintes:
  1. Non contestes ás provocacións, ignoraás.
  2. Compórtate con educación na Rede (Netiqueta)
  3. Se che molesta, abandona a conexión e pide axuda.
  4. Non facilites datos persoais.
  5. Non fagas na Rede o que non farías cara a cara.
  6. Se te acosan, garda as probas.
  7. Cando che molesten ao usar un servicio online, pide axuda ao seu xestor/a.
  8. Non penses que estás de todo seguro ao outro lado da pantalla.
  9. Advirte a quen abusa de que está cometendo un delito.
  10. Se hai ameazas graves pide axuda con urxencia.
Agora déixovos con un vídeo que vos explicará mellor o que é o ciberbullying. Ata outra!



Ningún comentario: