mércores, 11 de decembro de 2013

Apple e Microsoft. Os seus inicios.

Seteve Jobs e Steve Wozniak (Woz) coñecéronse en 1971. A Woz sempre lle apaixonou a electrónica en xeral, e deseñaba dende pequeno circuitos en papel. Dada esta afición, Woz "apadrinaba" a outros nenos aos que lles gustaba este tema, como Steve Jobs. Wozniak comezou a dedicar máis tempo en construir en papel a súa computadora. Finalmente, os seus esforzos deron lugar a Apple I. Rápidamente, Jobs veu a oportunidade de negocio, polo que empezou a promover a computadora entre outros aficionados da informática. Comezaron a recibir encargos construídos por eles mesmos e chegaron a vender 200 exemplares da máquina Apple I. A isto uníronselle amigos que comezaron a buscar financiación. Ao final, Jobs coñeceu a Mike Markkula, que investiu moito diñeiro na empresa, e creouse así o 1 de abril de 1976 Apple Computer.
Microsoft Corporation fundouse o 4 de abril de 1975 por Bill Gates e Paul Allen. Microsoft comeza sendo unha compañia pequena pero con unha visión enorme: un equipo informático en cada escritorio e en cada fogar. Durante os seguintes anos, Microsfot comeza a cambiar a forma de traballar. En xuño de 1980 contratan a Steve Ballmer, excompañeiro de Gates, para que lles axude a dirixir a empresa. Ao mes seguinte, IBM ponse en contacto con Microsoft en relación con un código de proxecto denominado "Chess". En resposta, Microsoft concrentrase nun novo sistema operativo, ao que chamaron "MS-DOS". O novo sistema operativo é eficaz, pero tamén difícil de manexar, polo que intentaron averiguar outro sistema operativo que se comprendera mellor. Así crearon Interface Manager, o nome en clave e a piques de converterse no definitivo, pero Windows prevalece debido a que o identifica mellor.