mércores, 11 de decembro de 2013

Apple e Microsoft. Os seus inicios.

Seteve Jobs e Steve Wozniak (Woz) coñecéronse en 1971. A Woz sempre lle apaixonou a electrónica en xeral, e deseñaba dende pequeno circuitos en papel. Dada esta afición, Woz "apadrinaba" a outros nenos aos que lles gustaba este tema, como Steve Jobs. Wozniak comezou a dedicar máis tempo en construir en papel a súa computadora. Finalmente, os seus esforzos deron lugar a Apple I. Rápidamente, Jobs veu a oportunidade de negocio, polo que empezou a promover a computadora entre outros aficionados da informática. Comezaron a recibir encargos construídos por eles mesmos e chegaron a vender 200 exemplares da máquina Apple I. A isto uníronselle amigos que comezaron a buscar financiación. Ao final, Jobs coñeceu a Mike Markkula, que investiu moito diñeiro na empresa, e creouse así o 1 de abril de 1976 Apple Computer.
Microsoft Corporation fundouse o 4 de abril de 1975 por Bill Gates e Paul Allen. Microsoft comeza sendo unha compañia pequena pero con unha visión enorme: un equipo informático en cada escritorio e en cada fogar. Durante os seguintes anos, Microsfot comeza a cambiar a forma de traballar. En xuño de 1980 contratan a Steve Ballmer, excompañeiro de Gates, para que lles axude a dirixir a empresa. Ao mes seguinte, IBM ponse en contacto con Microsoft en relación con un código de proxecto denominado "Chess". En resposta, Microsoft concrentrase nun novo sistema operativo, ao que chamaron "MS-DOS". O novo sistema operativo é eficaz, pero tamén difícil de manexar, polo que intentaron averiguar outro sistema operativo que se comprendera mellor. Así crearon Interface Manager, o nome en clave e a piques de converterse no definitivo, pero Windows prevalece debido a que o identifica mellor.


Ainda que as dúas compañias non xogaban no mesmo sector, Apple fixo unha serie de artimañas empresariais e pasaron a ser competidoras directas no ano 1978.
As dúas compañías iniciaron unha loita polo liderazgo, acompañada durante anos por un incremento da facturación e a plantilla. Eso fixo posible que en menos de 10 anos pasaran de ser startups a ser corporacións cotizadas na bolsa.
Ata ese momento, ambas empresas estaban prácticamente en táboas, pero o inicio das cotizacións de Apple coincidiu co despido de Steve Jobs, o fundador da compañía. A partir desde momento, Apple pasou a ser a sombra do que era. Microsoft seguía liderada por Bill Gates, que tomou enseguida a dianteira. En Xaneiro de 1998 as accións de Microsoft valían 10 veces máis cas de Apple.
Nese momento, Steve Jobs reincorporouse á súa antiga compañía e fixo que Apple crecera moito e incrementara a súas accións. Esta rivalidade tan dura entre Apple e Microsoft non o foi tanto, xa que, no ano 1997, cando Steve volveu á súa antiga empresa porque se atopaba ao borde de quebrar, Bill Gates invertiu 150 millóns de dólares nela.

Esta película, basada en feitos reais, narra os comezos de Apple e os de Microsoft, así como a rivalidade entre eles.



Saúdos.
Fonte: Microsoft, Wikipedia, Classora Technologies

Ningún comentario: