No primeiro encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, en 1981, decidiuse que o 25 de novembro fora o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, recordando o suceso.
Doce anos máis tarde, en 1993, a Asamblea Xeral das Naciones Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminacion da Violencia contra a Muller. O 17 de decembro de 1999, nesta mesma Asamblea designouse este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
En outubro de 2006 presentouse un estudo sobre todas as formas de violencia contra a muller, que demostra que existen obligacións concretas dos Estados para previr esta violencia, para tratar as súas causas e para investigar, enxuizar e castigar aos agresores.
O Secretario Xenaral da ONU, Ban Ki-moon, indica que "acojo con beneplácito el coro de voces que piden que se ponga fin a la violencia que afecta a alrededor de una de cada tres mujeres a lo largo de su vida. Aplaudo a los dirigentes que están ayudando a promulgar leyes y a hacerlas cumplir, y a cambiar mentalidades. Rindo homenaje, además, a todos los héroes en el mundo que ayudan a las víctimas a sanar y a convertirse en agentes de cambio".
Tradicionalmente este día sinala o inicio de 16 días de activismo. Dende o 15 deste mes ata o 10 do próximo, día dos Dereitos Humanos, os estados realizan un esforzo especial para organizarse e combatir a violencia contra as mulleres. Este ano as institucións promoven unha maior conciencia sobre este problema usando unha vestimenta de cor laranxa para simbolizar o seu compromiso con esta causa.
Este Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller representa unha oportunidad para que todas as persoas renoven o seu compromismo para previr e erradicar esta forma de violencia.
A información está baseada nesta noticia de 'La opinión de Tenerife'.
Saúdos, e ata próximas entradas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario