Estamos ante un caso de ciberbullying cando un ou unha menor atormenta, ameaza, humilla ou molesta a outro/a mediante tecnoloxías telemáticas.
As formas que adopta son moi variadadas:
- Colgar en Internet imaxes comprometidas, datos, cousas que poden perxudicar ou avergoñar á vítima e dalo a coñecer no seu entorno.
- Dar de alta á vítima nunha web onde se trata de votar a persona máis fea, á menos intelixente...
- Crear un perfil ou espazo falso co nome da persoa afectada, onde se escriban a modo de confesións en primeira persoa determinados acontecementos persoais, feitos explícitos de contactos sexuais...
- Dar de alta a dirección de correo electrónico en determinados sitios para recibir spam ou correos de descoñecidos.
- Usurpar a súa clave de correo electrónico para cambiala ou ler a bandexa de entrada.
- Provocar á vítima en webs na que hai unha persoa responsable de vixiar e moderar o que alí pasa, conseguindo así unha reacción violenta da vítima que lle supoña a expulsión desa páxina.
- Facer circular rumores que podan ser perxudiciais para esa persoa.
- Enviar mensaxes ameazantes, perseguir ou acechar á vítima en lugares de Internet nos que se relaciona de maneira habitual provocándolle agobio.
- Non contestes ás provocacións, ignoraás.
- Compórtate con educación na Rede (Netiqueta)
- Se che molesta, abandona a conexión e pide axuda.
- Non facilites datos persoais.
- Non fagas na Rede o que non farías cara a cara.
- Se te acosan, garda as probas.
- Cando che molesten ao usar un servicio online, pide axuda ao seu xestor/a.
- Non penses que estás de todo seguro ao outro lado da pantalla.
- Advirte a quen abusa de que está cometendo un delito.
- Se hai ameazas graves pide axuda con urxencia.
Agora déixovos con un vídeo que vos explicará mellor o que é o ciberbullying. Ata outra!
