luns, 21 de outubro de 2013

Folga xeral estudiantil.

O sindicato de estudiantes convocou unha semana de loita, na que a folga será os días 22, 23 e 24 de Outubro. O martes 22 e o mércores 23 a folga é só de estudantes, pero o xoves 24 están tamén convocados pais, nais e profesorado. O luns 21 e o venres 25 hai asambleas nos institutos para organizar as folgas, formar comités, etc.
As manifestacións serán o mércores e o xoves. Podes consultar o listado das mesmas aquí, na parte dereita da páxina.
O sindicato de estudiantes secunda esta folga para manifestarse contra o goberno do PP e sobre todo para que saiban que están en contra da aprobación da LOMCE, na que se busca reimplantar a relixón nas aulas, reducir aínda máis o ensino galego, crear intinerarios na ESO e crear reválidas na ESO e bacharelato. Tamén hai que engadir o aumento de prezos nas matrículas universitarias, impedindo así que moita xente que non pode permitirse o luxo de pagar esas carreiras teña estudos superiores. Ademáis "o PP pretende que o ensino se converta nun couto privado para as familias atesouradas, e para os demais (...) En definitiva, o PP quere acabar co noso dereito a estudar, quere derruír o ensino público e non podemos consentilo", como di na páxina web do sindicato.
O que o sindicato pretende tras a folga de 72 horas, é que Rajoy e o ministro de educación Wert non aproben a lei nos próximos meses, como teñen previsto facer.

Eu creo que este tipo de folgas son necesarias para que o goberno saiba que hai moita xente (a inmensa maioría) que está en contra das novas reformas, pero tamén creo que non van cambiar as cousas porque nós nos manifestemos, porque agora mesmo, o goberno que está no poder non se preocupa por nós, senón por eles mesmos, e vai dar igual que nos manifestemos en contra disto se non nos van a facer ningún caso.

Podedes consultar máis información na páxina web do sindicato de estudiantes e neste PDF.


Saúdos, ata a próxima. 


Ningún comentario: