luns, 25 de novembro de 2013

Día Mundial contra a violencia de xénero.

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller celébrase o 25 de novembro de cada ano para recordar ás tres irmáns Mirabal que foron asesinadas este mesmo día en 1960. As mozas eran de República Dominicana, e o dictador deste país, Rafael Leónidas Trujillo, foi o que deu a orde de asasinalas.
No primeiro encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe, en 1981, decidiuse que o 25 de novembro fora o Día Internacional da Non Violencia contra as Mulleres, recordando o suceso.
Doce anos máis tarde, en 1993, a Asamblea Xeral das Naciones Unidas aprobou a Declaración sobre a Eliminacion da Violencia contra a Muller. O 17 de decembro de 1999, nesta mesma Asamblea designouse este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
En outubro de 2006 presentouse un estudo sobre todas as formas de violencia contra a muller, que demostra que existen obligacións concretas dos Estados para previr esta violencia, para tratar as súas causas e para investigar, enxuizar e castigar aos agresores.
O Secretario Xenaral da ONU, Ban Ki-moon, indica que "acojo con beneplácito el coro de voces que piden que se ponga fin a la violencia que afecta a alrededor de una de cada tres mujeres a lo largo de su vida. Aplaudo a los dirigentes que están ayudando a promulgar leyes y a hacerlas cumplir, y a cambiar mentalidades. Rindo homenaje, además, a todos los héroes en el mundo que ayudan a las víctimas a sanar y a convertirse en agentes de cambio".
Tradicionalmente este día sinala o inicio de 16 días de activismo. Dende o 15 deste mes ata o 10 do próximo, día dos Dereitos Humanos, os estados realizan un esforzo especial para organizarse e combatir a violencia contra as mulleres. Este ano as institucións promoven unha maior conciencia sobre este problema usando unha vestimenta de cor laranxa para simbolizar o seu compromiso con esta causa. 
Este Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller representa unha oportunidad para que todas as persoas renoven o seu compromismo para previr e erradicar esta forma de violencia. 



A información está baseada nesta noticia de 'La opinión de Tenerife'.
Saúdos, e ata próximas entradas.



mércores, 20 de novembro de 2013

Manifestación Ferrol 20-N

Obreiros e estudantes, unidos e adiante!

Hoxe, 20 de novembro (día en que o PP quere aprobar a LOMCE no Senado), houbo manifestacións enstudiantís en toda España contra dita lei. A folga convocouna o Sindicato de Estudantes. Xa falei deste tipo de manifestacións nunha entrada o pasado 21 de outubro, xa que o 22, 23 e 24 dese mes houbo tamén folgas en todo o país.
Na cidade de Ferrol os traballadores de Navantia quixeron unirse á folga connosco en defensa do ensino público e o Sindicato fixo un chamamento a todos os obreiros, traballadores, parados, etc. 
A concentración en Ferrol foi todo un éxito, xa que non só eramos estudantes, e xuntámonos moitísima xente. Cos eslogans tales como 'obreiros e estudantes, unidos e adiante' ou 'a culpa de quen é? do goberno do PP' botouse a xente ás rúas de Ferrol para defender os seus dereitos e intentar alomenos que o PP se entere de que non estamos satisfeitos coa forma de gobernar deste partido.




Saúdos, ata outra!

mércores, 6 de novembro de 2013

Grooming e sexting.

O grooming fai referencia a unha serie de condutas e accións deliberadamente emprendidas por un adulto co obxetivo de gañarse a amizade dun menor de idade, creando unha conexión emocional co mesmo, co fin de disminuír as inhibicións do neno e poder abusar sexualmente del. Nalgúns casos, pódese buscar a introdución do menor ao mundo da prostitución infantil ou a produción de material pornográfico.
O sexting consiste en compartir imaxes, vídeos ou sons de contido sexual. Xeralmente é entre adultos (aínda que pode darse en adolescentes) que teñen algún tipo de vínculo afetivo ou que manteñen relacións virtuais. Pero hai que ter moito coidado de con quen se fai e asegurarse de que é quen di ser, porque hai auténticos expertos que suplantan identidades para obter archivos deste tipo que poden difundir cando a relación finaliza.
Ambos os términos refírense a contido sexual (imaxes, vídeos ou sons) compartidos con outra persoa, pero non son iguais. O grooming é acoso dun adulto a un menor para conseguir esas imaxes , mentres que o sexting é xeralmente entre adultos ou persoas que teñen unha relación virtual, e é consentido. O ciberbullying, como falei na anterior entrada, e tamén acoso, pero non ten nada que ver con estos dous términos, xa que non se refíre a contido sexual nin pornográfico.