Hoxe, 20 de novembro (día en que o PP quere aprobar a LOMCE no Senado), houbo manifestacións enstudiantís en toda España contra dita lei. A folga convocouna o Sindicato de Estudantes. Xa falei deste tipo de manifestacións nunha entrada o pasado 21 de outubro, xa que o 22, 23 e 24 dese mes houbo tamén folgas en todo o país.
Na cidade de Ferrol os traballadores de Navantia quixeron unirse á folga connosco en defensa do ensino público e o Sindicato fixo un chamamento a todos os obreiros, traballadores, parados, etc.
Na cidade de Ferrol os traballadores de Navantia quixeron unirse á folga connosco en defensa do ensino público e o Sindicato fixo un chamamento a todos os obreiros, traballadores, parados, etc.
A concentración en Ferrol foi todo un éxito, xa que non só eramos estudantes, e xuntámonos moitísima xente. Cos eslogans tales como 'obreiros e estudantes, unidos e adiante' ou 'a culpa de quen é? do goberno do PP' botouse a xente ás rúas de Ferrol para defender os seus dereitos e intentar alomenos que o PP se entere de que non estamos satisfeitos coa forma de gobernar deste partido.
Saúdos, ata outra!

Ningún comentario:
Publicar un comentario