O díadeinternet celebrouse en Outubro de 2005 en España a iniciativa da Asociación de Usuarios de Internet. En novembro do mesmo ano, a Cumbre Mundial sobre a Sociedade da Información pediu á Asamblea Xeral das Nacións Unidas que declarase este día como Día Internacional da Socidedade da Información co fin de promover a importancia das TIC e os diversos asuntos relacionados coa Sociedade da Información. Ao ano seguinte, a Conferencia de Plenipotenciarios decidiu celebrar ambos eventos (Día Internacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información) o 17 de maio de cada ano.Este día é un proxecto en rede que está aberto á participación voluntaria e gratuita de todos. Con isto, preténdese darse a coñecer as posibilidades das novas tecnoloxías para mellorar o nivel de vida dos pobos e os seus cidadáns.
O Día das Letras Galegas é unha celebración creada no ano 1963 pola RAG (Real Academia Galega) para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da súa língua. Cada ano adícaselle a unha personalidade diferente, escollida pola RAG, tendo en conta que se exixen alomenos dez anos dende o seu falecemento. A elección deste día (o 17 de maio) débese á coincidencia coa data de publicación no ano 1863 de Cantares Gallegos, da poeta Rosalía de Castro, que marcou tamén o inicio do Rexurdimento. Este día é festivo en Galiza.Este ano, o día das Letras Galegas adícaselle a Xosé María Díaz Castro. Este autor só ten unha obra publicada en galego, Nimbos, que se considera un dos cumes da poesía galega moderna e que contén o poema "Penélope". Díaz Castro mantivo sempre un fondo compromiso con Galiza e coa cultura galega do seu tempo, malia a súa condición de funcionario en Madrid.

Neste día, tanto en Galiza (polas Letras Galegas) como en todo o mundo (polo díadeinternet), hai moitos actos conmemorativos. Polo día das Letras galegas hai manifestacións en toda Galiza, actos nos colexios, hai eventos organizados por organizacións culturais, certames, etc. Polo díadeinternet hai charlas sobre internet, eventos organizados por empresas, faise entrega dos premios do diadeinternet, etc.
As fotos están sacadas do blogue circunstancialdelugar e de zma.A información está collida da páxina diadeinternet, da wikipedia e da RAG
Ata outra!
Ningún comentario:
Publicar un comentario